Friends

Crear Doodles con Doodle.ly

Ferramenta, con versión web e aplicación iPad que nos permite facer bocetos de forma rápida e sinxela con varios recursos integrados na plataforma.

Un Doodle é un deseño especial alusivo a calquera situación que decora a páxina principal de Google. Os Doodles estes últimos anos convertéronse en pezas de arte. Un Doodle basicamente é un cambio do logo de Google, o buscador máis usado do mundo, o logotipo de Google non deixa de dicir Google pero estas letras son cambiadas por letras doutro tipo ou simplemente agréganlle unha decoración. Cada Doodle ten o seu motivo e explicación, ao facer click nalgúns deles, rediríxenche a unha páxina onde se atopa a historia ou a explicación do por que o logo de Google esta así hoxe.


A aplicación é simple e na primeira pantalla topámonos cun lenzo con 5 útiles para debuxar: lapis (con distintos tons de grises), rotulador punta redonda, marcador fino, rotulador groso con punta cadrada, marcador con punta variable segundo o trazo (Doodle.ly mide moi ben a velocidade do trazo), e a infaltable goma de borrar. Cada un deles ten distintas cores, e medida que imos usándoos, vanse gardando arriba do deseño para que os teñamos a man cando avanzamos no debuxo. Unha vez que terminamos, pódese publicar. Ollo, que directamente o compartirá no teu timeline na conta coa que che rexistraches en Doodle.ly, Facebook ou Twitter, sen pregunta previa.

0 comentarios:

Publicar un comentario